
Plastico Elástico, ao vivo en A Kalimera todos os mércores ás 23
Despois de varios anos de silencio o espazo radiofónico Plástico Elástico volveu ás ondas da Kalimera o pasado mércores 12 de maio as 23.00h.
Agora podedes desfrutar dos 4 primeiros programas desta nova andaina acedendo a este enlace da radio PAI (emisora clandestina por internet ) desde onde podedes escuita-los ou descarga-los
Plástico Elástico é unha viaxe por unha odisea musical que percorre Galicia. Unha viaxe na que se mesturan todo tipo de sons nunha odisea elástica en canto a variedade de estilos e tendencias musicais se refire.
( para coñecer mellor de que vai este programa e porse en contacto con ele clica en Ler Máis )
Plástico Elástico comezou no outono de 1.996 nas ondas da desaparecida Radio Medellín en Santiago de Compostela da man de César Varela (colaborador durante anos das revistas: Ruta 66, Mondo Sonoro, Bambán, Spiral. Fanzines: Subterfuge, Harlem, Plástico Elástico, Las flores del vertedero e radios: Radio Voz, Radio Obradoiro, Radio Galega e Radio 3) pasando logo a emitirse na Radio Kalimera onde volveu de novo o pasado mércores 12 de maio as 23.00h. e desde o xoves 3 de xuño na Radio PAI tamén ás 23.00h.
Plástico Elástico é un programa exclusivamente musical no que se programa música elaborada en Galicia (interpretada en calquera idioma). Programación de novos discos e maquetas, entrevistas a: grupos, compañías discográficas, revistas musicais, promotoras de concertos e festivais, salas de concertos, etc ... sorteos de discos e entradas para concertos, mellor maqueta do mes segundo os/as nosos/as ointes e unha axenda de concertos semanal da nosa comunidade son algúns dos contidos deste espazo musical.
Plástico Elástico abarca tódalas tendencias musicais (pop alternativo, rock underground, punk-rock, blues, jazz, indie, metal, rockabilly, psichobilly, country, soul, funk, flamenco, folk, techno-pop, hip hop, electrónica, etc ...) ainda que se centra un pouco máis no mundo do rock and roll.
En Plástico Elástico soan desde grupos que acaban de autoeditarse a súa primeira maqueta, pasando polos que acaban de editar o seu primeiro traballo discográfico ata bandas que levan anos funcionando e rexistrando multitude de gravacións. Todos teñen o seu espazo dentro do programa.
Normalmente soan grupos novos (sempre é un programa de contínua actualidade musical) aínda que tamén rescatamos de cando en vez temas de grupos galegos que xa non existen ou que os seus ex-componentes teñen novas aventuras musicais.
En Plástico Elástico tamén soan bandas do resto do planeta que veñen a actuar a Galicia.
Se tes un grupo, un selo discográfico, unha promotora, unha sala de concertos, etc ... e estás interesado/a en que o que fas soe en Plástico Elástico ponte en contacto con nós neste enderezo de correo electronico: plasticoelastico[arroba]gmail.com





